colexio
O que vai supoñer o decreto do Galego
Consecuencias que o Decreto do Plurilingüismo vai ter no ensino
Prezados/as amigos/as,
Enviámosvos no arquivo adxunto a versión definitiva do folleto “O que vai supoñer o decreto”, elaborado coa intención de informarmos ao conxunto da comunidade educativa, sobre todo ás familias, das consecuencias que o Decreto do Plurilingüismo vai ter no ensino.
Se queredes participar na edición conxunta do folleto (DIN A3 a cor) para aforrar custes, o prezo de referencia que barallamos é: 0.10 cada unidade (10€ cada 100 unidades sen IVE) se chegamos ás 10.000.
Neste momento, foron moitos os ENDL que fixeron xa o seu encargo, polo que a partir de agora abaratarase o custe por unidade. Fai a reserva de folletos ata o mércores 19 de maio
(cumprimentar a ficha anexa). Na web da CGENDL podedes descargar outros formatos (DIN A4 e .jpg):
http://www.coordinadoraendl.
Así mesmo, o vindeiro sábado 22 de maio a CGENDL quere convidarte á Xornada de Formación sobre o Decreto e ao acto de lectura pública de textos que se vai celebrar no Hotel Virxe da Cerca de Santiago con motivo da presentación da segunda parte da campaña "Orgullosos/as do noso. Orgullosos/as do galego". Este é o programa:
Esperamos contar contigo. Confírmanos a túa asistencia enviando un correo a
Saúdos dinamizadores