Os números naturais
Exercicio nº 1.-
Escribe con signos do sistema exipcio estes números:
a) 69
b) 99
c) 77
Exercicio nº 2.-
Cantas decenas hai en:
a) 5 UM
b) 4 CM
c) 20 U
d) 6 DM
Exercicio nº 3.-
Escribe con cifras:
a) Seis billóns sete millardos
b) Cinco billóns cinco millardos cinco mil cinco
c) Seis millardos seiscentos mil
d) Oito billóns oito millóns oito mil
Exercicio nº 4.-
Aproxima ás decenas de millar, por redondeo, os seguintes números:
a) 679 563
b) 2 462 768
c) 5 678 300
d) 54 343 795
Exercicio nº 5.-
Realiza as seguintes operacións:
a) 56 489 + 96 453 + 75 829
b) 89 567 - 58 469
c) 648 · 64
d) 202 615 : 35
Exercicio nº 6.-
Resolve:
a) 13 - 4 · (5 - 2) + 3 · (2 + 8)
b) 16 + 3 · (6 - 4) - 3 · 5
c) 23 - 8 + 6 · 2 - 3 · 4
Exercicio nº 7.-
Nun instituto hai 5 clases de primeiro de ESO, en cada clase hai 21 alumnos e alumnas. Un terzo son rapazas. Cantas rapazas de primeiro de ESO hai no instituto?
Exercicio nº 8.-
Un comerciante compra 6 caixas de 50 ducias de ovos cada caixa ao prezo de
80 céntimos por ducia. Se vende despois a ducia de ovos a 120 céntimos, que beneficio obtén?
Exercicio nº 9.-
Opera coa túa calculadora e escribe o resultado:
a) 16 + 7 · 15
b) 6 · (25 - 8)
c) 4 176 : (6 · 24)
Comenta este artículo …